ACABOUSE

Seguramente alguén se pregunte que pasa cos personaxes dunha serie cando remata. Morren? Desaparecen? Ou é que viven eternamente? Non o sei, pero cando trato de imaxinar onde fican, penso no limbo, ese sitio no que os cató(d)icos meten aos que non saben pra onde enviar. E o limbo toma a forma dun disco de DVD no que escribimos apenas a palabra "Pepe" ou as iniciais "P.O.I.", un disco no que Pepe, Suso, Pilar, Negreira e todos os demais esperan a que lles demos un respiro de cando en vez, a posibilidade de asomarse a unha pantalla e respirar. Iso se a TVG non decide resucitalos nunha reposición a traición despois de telos enviado ao "limbo" sen pensalo demasiado. Porque os 200.000 galegos e galegas que seguiron o último capítulo (cun 18% de audiencia media) quizais sexan unha minoría sen importancia, pero quizais tamén sexan algúns deses que están á espera dun auténtico cambio na TVG. Nós intentámolo. E se marchamos non é porque non quixéramos seguir intentándoo. Pero Chévere seguirá cociñando humor e entretemento para ser servido na tele ou en calquera outro escenario. Un saúdo a todos e todas e gracias por acompañarnos nesta aventura...





